Na busca da mellor carne do mundo
Cal é a mellor carne do mundo? É a dúbida que quere despexar o proxecto galego Fisterra Bovine World. O xuízo final cos expertos comezou hoxe en Madrid cunha primeira cata visual en que a raza Maronesa, do norte de Portugal, logrou poñerse á cabeza.
Chegou o momento da verdade. Só unha das 13 razas que compiten neste experimento subirá ao podio da carne perfecta. Hoxe só tocaba miralas, porque o aspecto xa dá moitas pistas.
A raza Maronesa, do norte de Portugal, foi a máis valorada nesta primeiro exame visual. Seguíronlle dúas galegas, a Limiá e a Rubia. Pero aínda queda moito partido por diante, xa que falta maduralas e probalas.
Todas as razas criáronse ao xeito tradicional e nas mesmas condicións nunha gandería de Ames.
Súa idea é investigar tamén, se ademais da xenética, o entorno e a comida de Galicia contribúen á obtención da mellor carne do mundo.