CRTVG

Buscar

Muxía, lugar máxico da fin do mundo onde reina o culto ás pedras

Publicado o 23/07/2019 16:52

Réndese aos pés da Virxe nas terras do Finis Terrae para contemplar o final de etapa dos peregrinos.

O santuario de Nosa Señora da Barca naceu para cristianizar o lugar onde se facían os cultos pagáns.

A primeira ermida ergueuse no século XII. Alí apareceu, marca a lenda, o apóstolo Santiago.

Varias veces se contruíu a capela ata que a primeiros do século dezaoito viu a luz a actual.
Planta de cruz latina, e retablo maior barroco, obra do escultor Miguel de Romay en 1717. Representados nel, os doce apóstolos que rodean a Virxe da Barca.

Lugar máxico da fin do mundo onde reina o culto ás pedras. A de Abalar, 9 metros de longo, a onde os lugareño acoden arrolarse baixo o seu son ronco. A dos Cadrís, con forma de ril, e o resto, partes da barca da Virxe.

9 veces hai que pasar por baixo dela para curar as doenzas reumáticas. 9 veces e mil máis para quedar a mirar para o mar de Muxía nun solpor de verán.


 

Noticias web

23/07/2019