CRTVG

Buscar

Músicos de Vigo elaboran un videoclip para entreter os cidadáns

Publicado o 01/04/2020 14:33

O músicos do selo Family Spree All Star pensaban facer unha versión do We are the world con letra propia para estas datas. Non se daban decidido ata que alguén soltou a frase máxica.

Ademais dos Bo Derek's, aos que tamén pertence Óscar, no vídeo colaboraron Los Retumbers, Los fusiles, os Freddie Dilevi ou Lobo hombre internacional. Son tempos de incerteza tamén para os músicos aínda que nestas datas o noso consumo cultural e a creación medraron, polo de agora non están a ter retorno.

O vídeo que aborda as novas condutas e consumos deste confinamento caseiro está ao dispor do gran público tanto en Youtube como nas redes sociais de Family Spree All Stars.

Noticias web

01/04/2020

Máis sobre actualidade