CRTVG

Buscar

Murillo apura para xogar ante o Real Madrid

Publicado o 12/02/2020 15:01

O central colombiano adestrouse en solitario

No Celta están moi pendentes de Jeison Murillo.

Esta mañá, Murillo adestrouse en solitario. Puido trotar con normalidade. Todo quedou nunha escordadura leve no xeonllo dereito.

Carlos Mouriño e Antonio Chaves non lle quitaban ollo. O futbolista quere xogar ante o R. Madrid, pero queda por saber como evoluciona e, sobre todo, que estratexia vai seguir Òscar para afrontar o partido do Bernabéu ante o líder.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020