CRTVG

Buscar

Multiplícanse os novos contaxios en Lleida, onde hai xa 14 brotes

Publicado o 07/07/2020 15:10

En España hai ata 60 brotes de coronavirus. Son de distintos tamaños e afectan 15 das 17 comunidades autónomas. En Cataluña vixilan o brote masivo de Lleida, que ten 200.000 persoas illadas, e estudan obrigar a levar máscara sempre, en interiores e exteriores, en todo o territorio catalán. En Euskadi, que tamén ten eleccións esta fin de semana, todos os ollos están postos en Ordizia. Alí fixéronse case un milleiro de probas. Xa se coñece o resultado de 717, e hai 14 novos positivos polo que xa suma 30.  

O número de contaxiados por coronavirus na comarca ilerdense do Segrià multiplicouse case por tres na última semana e, se a tendencia se mantén nos seguintes sete días, os novos positivos poderían superar os 1.400. Segundo os últimos datos, o número de hospitalizados por coronavirus é de 57, oito deles na UCI.

O control da expansión do virus é especialmente difícil polo numero de brotes, 14, a maioría deles en empresas hortofrutícolas.

"Estes temporeiros o que non poden facer é nin protestar, nin ter décimas de febre, nin nada porque ao día seguinte quedan sen traballo".

A Generalitat estuda estender o uso obrigatorio da máscara en espazos exteriores a toda Cataluña, independentemente da distancia de seguridade que exista entre persoas.

Da comarca ilerdense procedía o primeiro dos contaxiados detectados na localidade guipuscoana de Ordizia, onde continúan realizándose probas PCR aos veciños.

Os resultados das 700 primeiras mostras analizadas detectaron outros 14 positivos, co que son xa 30 os contaxios confirmados.

"Supoñemos que cada unha delas polo menos terá dez contactos".

O Goberno vasco convocou para esta tarde unha reunión da comisión de seguimento deste brote.

Noticias web

07/07/2020