CRTVG

Buscar

Multan o condutor dun vehículo a motor que superaba os 25 km/h e ía sen seguro

Publicado o 25/09/2020 16:10

Un xulgado de Vigo multou o condutor dun vehículo a motor que superaba os 25 km/h e carecía de seguro obrigatorio. Así o estipula a lei segundo as características técnicas deste tipo de vehículo cunha potencia superior á dun patinete.

O condutor interceptado conducía un gran scooter modelo Citycoco cunha potencia de 2.000 watios e cunha velocidade de 25 km a hora. Un vehículo que, segundo os propios axentes, requiría de certos permisos como contar cun seguro obrigatorio.

O condutor, que foi multado hai un ano na contorna da avenida de Castelao, de Coia, deberá pagar unha multa de 601 euros. Así o estipulou o xuíz, que lle rebaixou a condena por considerar que non houbo intencionalidade nin prexuízos a terceiros. 

Falamos dun vehículo a motor cunha potencia superior á dos patinetes e que debe circular pola vía, en ningún caso, pola beirrarúa ou o carril bici dadas as súas carecterísticas técnicas.

Trátase da primeira sentenza condenatoria en Vigo contra un vehículo destas características. 

 

Noticias web

25/09/2020