CRTVG

Buscar

Multa de récord a Facebook por usar datos de usuarios sen permiso

Publicado o 13/07/2019 09:05
Multa de récord a Facebook por usar datos de usuarios sen permiso

A Comisión Federal de Comercio dos Estados Unidos (FTC) acordou impoñer unha multa de 5.000 millóns de dólares (máis de 4.432 millóns de euros), a de maior importe imposta pola axencia ata o momento, no marco da investigación aberta sobre o uso de datos dos usuarios do xigante tecnolóxico, segundo adiantou ' The Wall Street Journal'. A proposta, aprobada por tres votos a favor e dous en contra, foi trasladada ao Departamento de Xustiza, que se encarga xunto á FTC de facer cumprir as leis antimonopolio, que deberá decidir se ratifica a decisión.

A FTC abriu unha investigación por mor das denuncias segundo as cales Facebook compartiría de maneira inapropiada información de 87 millóns de usuarios coa empresa Cambridge Analytica. A consultora política británica Cambridge Analytica presuntamente obtivo sen permiso datos persoais de usuarios da rede social fundada por Mark Zuckerberg que posteriormente foron utilizados para influír nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí