CRTVG

Buscar

Mulleres profesionais da automoción, a enxeñería ou a informática fálanlles aos estudantes da súa experiencia

Publicado o 02/03/2020 15:17

Nove mulleres e nove referentes. Elas son o vivo exemplo de que a presenza das mulleres aumenta en todos os sectores profesionais e mantiveron un encontro con alumnos de cuarto da ESO do instituto lugués das Mercedes. Silvia Folgueira estudou neste mesmo centro e apenas dez anos a separa de quen agora escoita a súa traxectoria.

Graciela Fierro coordina proxectos informáticos en PSA Vigo, Natalia Aldegunde é enxeñeira química nos laboratoria de AMSLab e Patricia Argerey dirixe a Axencia Galega de Innovación.

Son mulleres protagonistas todas as que están, pero non están todas as que o son, hai moitas máis.

Noticias web

02/03/2020