CRTVG

Buscar

Mujica renuncia ao seu escano no Senado e retírase da política

Publicado o 21/10/2020 08:58
Mujica renuncia ao seu escano no Senado e retírase da política

O expresidente do Uruguai José Mujica renunciou ao seu escano no Senado e anunciou a súa retirada da política activa.
E fíxoo durante unha sesión extraordinaria da cámara alta uruguaia, en que tamén renunciou outro expresidente do país suramericano: Julio María Sanguinetti.
Mujica, que sofre unha enfermidade inmunolóxica crónica, dixo que a pandemia de coronavirus anticipou a súa despedida da vida pública.

Noticias web

21/10/2020