CRTVG

Buscar

Mouros e cristiáns volven enfrontarse esta fin de semana na romaría da Saínza, declarada de interese turístico

Publicado o 20/09/2019 12:55

Rairiz de Veiga celebra ao longo de toda a fin de semana a súa tradicional e arraigada Romaría da Saínza, unha festa declarada de interese turístico.

Ten a súa orixe no 1840, coa recreación dun combate entre mouros e cristiáns. Estímase que pasen por esta festa máis de 20.000 personas ao longo de toda a fin de semana. Moitos dos actos programados teñen os nenos como protagonistas, con xogos populares e a representación do combate con monicreques. Combinaranse, ademais, os actos relixiosos coa música e a verbena.

A esperada batalla entre mouros e cristiáns terá lugar o domingo no campo do Castelo a partir da unha da tarde.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019