CRTVG

Buscar

Mouriño: "Hai tres xogadores que poderían pagar a cláusula"

Publicado o 29/01/2019 17:19

Dentro de tres días remata o mercado de fichaxes. E Mouriño está preocupado. Hai equipos que poden levar varios xogadores. Se cadra, Maxi Gómez, Brais Méndez ou Lobotka.

Comparecencia urxente de Carlos Mouriño para intentar taponar a fenda de confianza pola que semella escorregar o celtismo. Situación delicada, momento difícil e poucas ganas de remexer nas causas para concentrar todos os esforzos en saír do buraco. Aínda que algo si concretou o presidente.

Dixo Bertrand Rusell que o máis difícil de aprender na vida é decidir que ponte cruzar e cal hai que queimar. De momento, Cardoso cruza o río e o Celta cruza os dedos para conseguir fichar e que non lle leven algún dos seus.

O prazo do mercado vence e dous días despois saberemos se continúa o trago amargo da temporada. Balaídos agarda ao Sevilla co Celta metido en descenso.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019