CRTVG

Buscar

Mostra en Melide dos carros que forman parte da historia patrimonial de Galicia

Publicado o 17/08/2020 19:41

Os carros tamén forman parte do noso patrimonio e, ata que chegou o tractor, era o vehículo máis prezado en calquera casa labrega.

No Pazo de Congresos de Melide pode verse ata mañá unha representación dos modelos que había en Galicia. Algunhas estruturas teñen máis dun século. Forman parte da colección particular de José Cabanas, un melidao de adopción que recupera carros e os talla para darlles unha nova perspectiva.

A mostra complétase cunha colección de 200 obras pictóricas doutro melidao, Xosé Manuel Broz, que representan a riqueza patrimonial e paisaxística da comarca.

Noticias web

17/08/2020