CRTVG

Buscar

Falece un veciño en monte Louro cando axudaba o seu fillo a practicar rápel

Publicado o 01/04/2019 08:27

Non tiña posto nin o arnés nin o casco de seguridade

• Entrevista cun bombeiro de Cee, coñecedor da zona

Traxedia en Muros. Onte á tarde, falecía un veciño en monte Louro cando axudaba o seu fillo a practicar rápel. O accidente aconteceu sobre as seis da tarde, na zona do Forcado, en monte Louro.

Segundo transcendeu, o home, duns 45 anos, axudaba o seu fillo, de 14, a asegurar unha corda para que puidese practicar rápel. Esvarou dunha altura duns trinta metros e non levaba medidas de protección, polo que, aínda que cando chegaron os primeiros servizos a vítima estaba con vida, o golpe resultou mortal. 

O home caeu nun lugar de difícil acceso, polo que unha vez que chegaron á zona o GES de Muros e os bombeiros de Cee, fíxose evidente a necesidade dun rescate aéreo, polo que reclamaron a intervención do helicóptero Pesca I. Á parte dese fillo que estaba canda a vítima, tamén os acompañaban a muller e outra filla. Todos foron trasladados en helicóptero ao hospital do Barbanza. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019