CRTVG

Buscar

Morreu Ceresuela, un mito na historia do Pontevedra

Publicado o 22/04/2019 18:07

E unha camiseta do Pontevedra vai ao ceo. A camiseta de Rafa Ceresuela. E con ela a figura dun mito granate. O autor do gol do allo. O gol que hai uns anos rememoraba Ceresuela en Pasarón. Foi en 1963. Ceresuela márcalle un gol ao Celta e o Pontevedra ascende a primeira división. Nace o "Hai que roelo". Nace a historia dunha etapa que marcou o club. Ceresuela era o dianteiro centro. Con Irulegui, Batalla, Cholo, Martín Esperanza, Odriozola, Fuertes e compaña. Un equipo de lenda que onte perdeu o seu ariete.

Noticias web

22/04/2019