CRTVG

Buscar

Falece aos 87 anos o poeta Manuel Álvarez Torneiro

Publicado o 09/10/2019 08:06

Faleceu un dos grandes das letras galegas, o poeta Manuel Álvarez Torneiro, gañador do Premio Nacional de Poesía no ano 2013.

Poeta desde novo, non empeza a publicar ata os anos oitenta do século pasado. A súa obra máis recoñecida foi Os ángulos da brasa, coa que, por primeira vez, un poemario en galego gaña o Premio Nacional de Poesía, que habitualmente só recoñece obras en español.

Torneiro foi xornalista e tiña 87 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019