Morren dous irmáns que viaxaban nunha moto ao chocaren cun turismo en Cangas
Publicado o 09/03/2020 18:16
Nun tráxico accidente en Cangas do Morrazo, faleceron dous irmáns de 20 e 27 anos tras bater a moto en que ían contra un turismo. Sucedeu ás tres da tarde no Camiño Vello de San Roque.
Foi un veciño o primeiro que saíu auxiliar os falecidos.
Os mozos baixaban nunha moto de cros por unha pista estreita e só un deles levaba casco. Os dous eran veciños da zona.
Ata o lugar acudiu a Policía Local, a Garda Civil, o 061 e membros de Protección Civil. A condutora tivo que ser atendida por unha crise de ansiedade. A Garda Civil investiga as causas do accidente. O maior dos irmáns tiña dous fillos pequenos.