CRTVG

Buscar

Morren dous bebés prematuros por unha bacteria nun hospital de Barcelona

Publicado o 29/04/2019 18:15

Dous bebés prematuros faleceron no últimos dez días no Hospital Vall d'Hebron de Barcelona por mor dunha inflamación intestinal complicada pola presenza dunha bacteria, o que obrigou a illar, polo menos, outros tres prematuros.

Fontes do centro hospitalario informaron de que a situación dos dous bebés falecidos, un de menos de 500 gramos de peso e o outro que non chegaba aos 700 gramos, era fráxil, e que a causa da morte é unha enterocolitis (inflamación intestinal) que se agravou pola presenza da bacteria Klebsiella, que causou unha sepsis aos bebés. Un dos bebés falecidos nacera ás 25 semanas de xestación e, o outro, ás 24 semanas.

Vall d'Hebron abriu unha investigación ante o falecemento dos bebés e o contaxio dos outros prematuros, que tamén estarían afectados pola citada bacteria aínda que non presentan síntomas, aseguraron as mesmas fontes.

Este centro adoita facerlles cada tres semanas unha análise aos bebés ingresados para detectar rapidamente posibles bacterias, indicaron, pero nesta ocasión a bacteria Klebsiella non se localizou ata que xa afectara os pequenos.

A morte destes dous bebés foi denunciada pola asociación O Defensor do Paciente ante o Fiscal Superior de Cataluña, Francisco Bañeres.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019