CRTVG

Buscar

Morren 21 anciáns e 2 monxas coidadoras nunha residencia de Madrid

Publicado o 25/03/2020 15:30


Madrid segue a ser a comunidade máis golpeada polo virus. Un novo foco nunha residencia deixa 23 mortos.
Entre os falecidos están dúas monxas que tamén residían neste centro de maiores, no que viven 150 persoas e que está situado no distrito de Chamartín. A Unidade Militar de Emerxencias xa desinfectou o centro o luns e agora o que piden os seus responsables é que tanto a Comunidade de Madrid como o Goberno central axuden na medicalización da residencia para atender de maneira urxente os contaxiados.

Ademais dos falecidos, un total de 30 persoas tamén permanecen illadas.