CRTVG

Buscar

Morren 14 axentes nun ataque a un convoi policial en Michoacán

Publicado o 15/10/2019 15:32

Catorce policías mortos e nove feridos nun ataque a un convoi policial no estado mexicano de Michoacán. Segundo relataron as autoridades, os axentes acompañaban unha nai e unha filla a un trámite administrativo en cumprimento dunha orde xudicial.

Os policías ían en cinco vehículos cando se viron sorprendidos por un grupo de civís armados, composto por unhas trinta persoas que empregaron armas de gran calibre.

Noticias web

15/10/2019