CRTVG

Buscar

Morre unha muller ao caer un camión por un viaduto en Huelva

Publicado o 08/07/2020 08:52

Unha muller morreu e outras tres persoas quedaron feridas ao caer un camión por un viaduto
da autovía A-49 en Chucena, Huelva. O sinistro aconteceu contra a unha e media da tarde deste martes. Os sanitarios, desprazados nun helicópero ao lugar do accidente, só puideron confirmar o falecemento dunha muller de 35 anos. Os bombeiros recuperaron o corpo sen vida do interior da cabina do vehículo. Ademais, no sinistro quedaron feridos o condutor do camión e dous menores.

 

Noticias web

08/07/2020