Morre unha motorista de 62 anos no Grove tras chocar contra un autobús
Unha motorista faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores ao chocar cun autobús na entrada do Grove, cuxos ocupantes quedaron ilesos.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia e a Garda Civil a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 14,00 horas no quilómetro 3,2 da estrada PO-316, ao chocar unha moto e un autobús. Fontes da Benemérita concretaron que no autobús, dunha empresa de Badaxoz, viaxaban xubilados, que quedaron "todos ilesos" tras a colisión.
Ao lugar acudiron efectivos do GES de Sanxenxo e do Grove, así como unha ambulancia do 061, cuxo persoal sanitario realizou manobras de reanimación, pero a motorista morreu no lugar. A falecida, que conducía a motocicleta, foi identificada como unha veciña do Grove de 32 anos. Efectivos da Guardua Civil de Tráfico e da Policía Local tamén foron mobilizados para xestionar o tráfico na zona após o sinistro.
#AXEGAInforma dun motorista falecido despois de colidir o seu vehículo contra un autobús na PO-316, no Grove. Malia os esforzos dos equipos de emerxencia, nada se puido facer por salvarlle a vida. Interviñeron: 061, #BomberosSalnés, @SLXE_Sanxenxo, @112Grove e @guardiacivil. pic.twitter.com/9JfXxvEHtF
— 112Galicia (@112Galicia) October 9, 2019