CRTVG

Buscar

Morre unha muller en Palma ao caerlle unha árbore enriba

Publicado o 03/11/2019 16:38

Unha muller morreu este mediodía en Palma, capital da illa de Mallorca, tras caerlle enriba unha palmeira derrubada polo vento. Foi nun parque moi céntrico, mentres a vítima camiñaba en compaña da súa filla a da súa parella.

Ocorreu ás doce da mañá nunha zona do Parc do Mar, cando a muller, de 37 anos e nacionalidade brasileira, se dirixía á misa da catedral canda a súa filla e a súa parella.

O home e a nena camiñaban detrás e viron como un refacho de vento derrubaba unha palmeira que lle caía á muller enriba.

Ás chamadas de auxilio acudiron varias patrullas da Policía Local e Nacional, os Bombeiros de Palma e mais o persoal dunha ambulancia que non puido salvarlle a vida. A vítima chegara hai seis meses a Palma, onde ía casar e onde pensaba seguir residindo.

A súa filla, de dez anos, quedou en shock tras o accidente e precisou asistencia médica. O Concello de Palma pechou a zona ata que os técnicos avalíen o estado do resto das árbores. 

Noticias web

03/11/2019