CRTVG

Buscar

Unha muller morta e dúas feridas de gravidade ao caer o seu coche nun regato na Cañiza

Publicado o 26/07/2020 12:17

As tres mulleres tomaron por erro esta estrada secundaria no seu regreso a Vigo despois dunha xornada de rafting. Por motivos que se descoñecen o coche non trazou esta curva do quilómetro dez e medio da EP 5002 e acabou no fondo deste pequeno regato Aceval, no lugar de Pozo Negro. Esta estrada secundaria une a Parada de Anchas na Cañiza coa Ermida en Arbo. Faleceu unha muller de 31 anos e as outras dúas resultaron feridas de gravidade.

O coche quedou emboracado tras unha caída de dez metros case dúas horas, cando uns camiñantes e uns ciclistas alertaron ao 112 de que estaba alí. A pasaxeira do asento tarseiro xa estaba morta. Excarceraron á copiloto, que é das dúas feridas a que está máis grave, e a a continuación á condutora que presenta politraumatismos graves tamén. liberáronas os bombeiros do Baixo Miño e de Ponteareas. As dúas mulleres foron trasladadas en helicóptero ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

26/07/2020