CRTVG

Buscar

Morre unha muller de 77 anos tras esnafrarse contra un muro o coche en que viaxaba

Publicado o 22/06/2020 13:14

Unha muller de 77 anos faleceu esta mañá nun aparatoso accidente de circulación que se produciu na estrada autonómica que comunica Lugo coa Fonsagrada, á saída da capital lucense.

O accidente produciuse ás 11:33 horas, concretamente no quilómetro 1,300 da estrada LU-530, nas inmediacións do viaduto que pasa sobre a vía do tren, no tramo comprendido entre o centro urbano da cidade de Lugo e a rotonda que lle dá acceso ao hospital Lucus Augusti.

A causa do sinistro, en que un coche saíu da vía, os bombeiros de Lugo tiveron que intervir para liberar dúas persoas que quedaron atrapadas no habitáculo do coche, totalmente esnaquizado a causa do impacto.

No accidente faleceu a muller que viaxaba como copiloto no coche, mentres que o condutor quedou ferido de gravidade e foi trasladado de urxencia ao hospital para recibir atención médica.

Máis sobre Lugo