CRTVG

Buscar

Morre unha muller nun accidente de tráfico en Dumbría

Publicado o 15/11/2019 11:48

Sucedeu ao redor das dez e media da mañá no lugar de Bustela. Dous vehículos que circulaban en sentido contrario bateron frontolateralmente.

Rubén Suárez Cabo, do parque de bombeiros de Cee dixo: "Parece ser que o vehículo que viña de Vimianzo cara Cee foi o que invadiu o carril contrario por mor de que, seguramente, fora unha saída de vía, pero, ben, son cousas que aínda ten que analizar Tráfico".

Ao lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, pero xa non chegou a efectuar o traslado porque a persoa falecera. O seu corpo foi liberado polos bombeiros de Cee do interior do vehículo. 

O condutor do outro coche, un home de 59 anos,  foi trasladado ao hospital Virxe da Xunqueira, pero en principio as súas feridas son leves. Os servizos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas tamén se desprazaron ao lugar do accidente porque foi preciso limpar a estrada para restablecer a circulación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí