CRTVG

Buscar

Morre un veciño de Muros facendo descenso vertical en Monte Louro

Publicado o 31/03/2019 21:10

Accidente fatal esta tarde no faro de monte Louro. Un veciño de Muros morreu mentres practicaba rápel. Caeu desde unha altura moi elevada na zona do faro do monte Louro.

A vítima tiña poico máis de 40 anos, e estaba acompañado no momento do accidente pola súa muller e polos seus dous fillos. Foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca un para rescatalos, tanto a el como á súa familia, xa que estaban nunhas rochas de dificil acceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/03/2019