CRTVG

Buscar

Morre un tripulante dun avión militar do Canadá ao esnafrarse nunha sesión acrobática

Publicado o 18/05/2020 09:05

No Canadá, un avión militar esnafrouse cando participaba nunha sesión acrobática.

A actividade formaba parte dunha operación do grupo de elite Canada's Snowbirds para saudar os esforzos dos canadenses en resposta á pandemia de coronavirus.

Un dos aparellos participantes tivo algún problema cando facía o descenso do primeiro rizo e esnafrouse contra unha casa. No impacto incendiouse.

O accidente deixa unha persoa morta. O que pilotaba do aparello logrou exectarse e foi parar a un tellado. Quedou ferido.

Noticias web

18/05/2020