CRTVG

Buscar

Morre un traballador en Coristanco tras caer dunha altura de dous metros

Publicado o 29/01/2019 09:22

Un traballador morreu ao sufrir un accidente laboral en Coristanco. Foi sobre as tres da tarde nun terreo de propiedade privada. O home, de 54 anos, estaba desmontando un hórreo en mal estado no lugar de A Igrexa-Santa Baia sobre un pequeno andamio. O traballador caeu ao interior do hórreo desde uns dous metros de altura por causas que a Garda Civil aínda está investigando. Os servizos sanitarios xa non puideron facer nada pola súa vida.

Noticias web

29/01/2019