CRTVG

Buscar

Morre un obreiro nun accidente laboral no polígono industrial de Coirós

Publicado o 16/11/2019 10:36

Un home morreu nun accidente laboral ocorrido no polígono industrial de Coirós.  A vítima sufriu unha descarga ao entrar en contacto con cables de alta tensión. Ocorreu no interior dunha nave. O traballador manexaba unha carretilla elevadora sen darse conta de que tocaba co casco uns cables eléctricos. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo, pero non puideron facer nada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019

Máis sobre coirós