CRTVG

Buscar

Morre un mozo de Vilagarcía nun accidente frontal entre dous turismos en Sanxenxo

Publicado o 19/07/2020 10:18

A violenta colisión frontal entre dous turismos esta madrugada na estrada PO-308 ao seu paso por Portonovo, á altura do camping da praia de Paxariñas, deixa un mozo de 24 anos morto e dúas ocupantes do outro turismo implicado feridas leves. O rapaz era veciño de Vilagarcía de Arousa. Os servizos de emerxencia precisaron liberar a vítima, que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía como consecuencia do forte impacto. O Volkswagen Polo quedou envorcado na beiravía.

O accidente sucedeu pouco despois das dúas e media da madrugada, coa visibilidade reducida pola néboa.  Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia medicalizada, axentes da Garda Civíl e da Policia Local, Bombeiros de Ribadumia e os servizos de emerxencias de Sanxenxo. Os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao mozo falecido.

Noticias web

19/07/2020