CRTVG

Buscar

Morre un motorista de 58 anos tras colidir cun turismo en Sarria

Publicado o 21/06/2019 19:58

Un home de 58 anos morreu nun accidente de tráfico rexistrado na Valiña, en Sarria. A vítima, un veciño de Oural, circulaba nunha motocicleta que foi alcanzada por un turismo que viraba cara a un restaurante. Ata o lugar do sinistro desprazáronse un helicóptero e mais unha ambulancia que asistiu o motorista, aínda que os sanitarios xa non puideron reanimalo.

Os residentes na zona sinalan a perigosidade que pode chegar a entrañar este tramo recto da estrada LU-546, onde a velocidade máxima permitida tivo que ser rebaixada a 70 quilómetros por hora.

Pola súa parte, a condutora do coche implicado no accidente saíu ilesa.