CRTVG

Buscar

Morre un ladrón asfixiado en Mallorca cando trataba de forzar a porta dun establecemento

Publicado o 25/05/2019 21:25

Un ladrón morreu asfixiado en Palma de Mallorca ao quedarlle a cabeza atrapada na porta que trataba de forzar. Unha traballadora do establecemento atopouno esta mañá xa morto.

Segundo as investigacións policiais, a vítima, moi delgada, fixo un furado na porta do local para entrar, pero a estrutura forzada volveu á súa posición orixinal cando tiña medio corpo dentro e estrangulouno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019