CRTVG

Buscar

Morre un home nun incendio en Alcalá de Henares

Publicado o 26/01/2021 13:44

Un home morreu e outras 21 precisaron atención médica nun incendio ocorrido de madrugada nun edificio en Alcalá de Henares.

O home, que tiña 72 anos, faleceu por inhalación de fume. Entre os feridos hai dous graves, unha muller de 60 anos tamén intoxicada por fume, e un rapaz de 20 que ademáis de inhalar fume sufriu queimaduras na cara e nas mans. Outros dous veciños do inmoble teñen pronóstico reservado e os 17 restantes foron atendidos no lugar do suceso e dados de alta.

Os bombeiros tiveron que rescatar veciños que se refuxiaban nas terrazas antes de extinguir o lume, que se iniciou nunha das vivendas do inmoble, de tres pisos, e que era moi intenso cando chegaron.

 

Noticias web

26/01/2021