CRTVG

Buscar

Morre un home en Barro ao caer cando podaba árbores da súa leira

Publicado o 02/07/2020 23:43
Morre un home en Barro ao caer cando podaba árbores da súa leira

Un home morreu este xoves en Barro ao sufrir unha caída cando podaba unhas árbores nunha leira, segundo informou o 112 Galicia. Ao lugar trasladouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia a bordo dun helicóptero medicalizado, aínda que os facultativos unicamente puideron confirmar o falecemento. Tamén acudiron á zona efectivos da Garda Civil para tratar de determinar as circunstancias en que se produciu a caída que ocasionou a morte.