CRTVG

Buscar

Morre un home en Baiona ao caer coa moto nun regato de tres metros

Publicado o 22/12/2019 15:31
Morre un home en Baiona ao caer coa moto nun regato de tres metros

Un home de 49 anos faleceu nas últimas horas tras caer a un regato coa moto en Baiona.A hipótese principal é que o home esvarou ou caeu desde unha pista de cemento por unha altura duns tres metros.
Nas próximas horas faráse a autopsia. Ás dez e media da mañá o GES do Val Miñor retirou o cadáver e a moto que se atopaba a 20 metros.
A Garda Civil investiga as causas do suceso.
 

Noticias web

22/12/2019