CRTVG

Buscar

Morre un home de 90 anos de Vilar de Barrio, onde hai un gromo con oito casos

Publicado o 13/08/2020 11:37
Morre un home de 90 anos de Vilar de Barrio, onde hai un gromo con oito casos

Esta noite pasada morreu un home de 90 anos que ingresou o xoves, 30 de xullo, no Hospital Universitario de Ourense con diagnóstico covid-19. Tiña varias patoloxias previas asociadas. Esta nova vítima mortal era o marido da paciente de 91 anos que  faleceu o pasado 8 de agosto.

Na actualidade, son oito os casos activos do gromo de Vilar de Barrio. Os contaxiados están atópanse en situación de illamento nos seus domicilios, controlados e monitorizados en todo momento por Sanidade e con seguimento dos profesionais sanitarios do centro de saúde.