CRTVG

Buscar

Morre o xornalista Pepe Oneto aos 77 anos

Publicado o 07/10/2019 20:28
Morre o xornalista Pepe Oneto aos 77 anos
xornalista gaditano Pepe Oneto faleceu este luns aos 77 anos, segundo informa o diario dixital La República de las Ideas, do que era conselleiro editorial e articulista. 
Oneto, un dous grandes xornalistas da Transición e a Democracia faleceu na clínica Quirón de San Sebastián onde permanecía ingresado desde mediados de agosto, segundo o diario dixital. En agosto fora sometido a "unha grave intervención cirúrxica", segundo revelou o propio xornalista na súa conta de Twitter.
Traballou en todos os grandes grupos editoriais, na radio e na televisión. Dirixiu as revistas de información política máis importantes e colaborou en programas e faladoiros de actualidade. Premio Nacional de Xornalismo, Pepe Oneto deixa ademais numerosos libros, os máis destacados sobre os acontecementos que marcaron a transición á democracia.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí