CRTVG

Buscar

Morre o neno que quedou ferido grave nun accidente N-VI en Lugo hai unha semana

Publicado o 19/12/2019 12:42

Falece o neno de 14 anos que hai unha semana quedou ferido grave nun accidente na Nacional Sexta, ao seu paso por Lugo. O menor viaxaba de copiloto no coche que conducía seu irmán. Por causas que se descoñecen, o vehículo chocou frontalmente contra outro coche, cuxa condutora quedou ferida leve. Debido á aparatosidade do accidente, o menor tivo que ser liberado polos bombeiros de Lugo. Tras pasar varios días na Unidade de Coidados Intensivos e tras ser intervido de urxencia faleceu onte á tarde.

Noticias web

19/12/2019

Máis sobre Lugo