CRTVG

Buscar

Morre o ex-presidente asturiano Vicente Álvarez Areces de maneira repentina aos 75 anos

Publicado o 17/01/2019 12:33

Morreu o ex-presidente de Asturias Vicente Álvarez Areces. O ex-mandatario socialista faleceu esta noite en Xixón, aos 75 anos. Na súa memoria, e en sinal de dó, a Federación Socialista Asturiana suspende os actos programados para os próximos días. En política desde os anos 80, nos que exerceu como director provincial de Educación, Areces foi alcalde de Xixón durante doce anos e xefe do Executivo autonómico en tres lexislaturas, entre os anos 99 e 2011. Nos últimos tempos, ata xuño de 2017, ocupou a portavocía do PSOE no Senado a proposta do presidente da xestora socialista, Javier Fernández.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019