CRTVG

Buscar

Morre o ex-fiscal da Audiencia Nacional e Tribunal Supremo, Eduardo Fungairiño

Publicado o 30/06/2019 14:02
Morre o ex-fiscal da Audiencia Nacional e Tribunal Supremo, Eduardo Fungairiño

Eduardo Fungairiño, ex-fiscal xefe da Audiencia Nacional e do Tribunal Supremo, faleceu este domingo aos 73 anos. Fungairiño foi unha das figuras destacadas da xustiza española en casos contra o terrorismo da ETA: os de Henri Parot, Arizcuren, "Kantauri", Múgica Garmendia, "Pakito", Arróspide, "Santi Potros", "Mortadelo" ou "Tigresa". En 1990 foi obxecto dun atentado con paquete bomba que a policía puido desactivar antes de que estoupara nas súas mans.

Noticias web

30/06/2019