CRTVG

Buscar

Morre Sánchez Ferlosio, mestre das letras españolas, aos 91 anos

Publicado o 01/04/2019 20:20
Morre Sánchez Ferlosio, mestre das letras españolas, aos 91 anos

O ensaísta e novelista Rafael Sánchez Ferlosio faleceu en Madrid os 91 anos de idade. O autor de El Jarama e Alfanhui e dunha ampla e orixinal obra ensaística gañou o Premio Cervantes en 2004. Adscrito nos seus comezos ao realismo social da posguerra, recibiu tamén o Nadal en 1955 e o premio da Crítica en 1957.

Viviu os seus primeiros anos en Roma, onde o seu pai era correspondente e cronista do ABC. Na universidade contactou cun grupo de mozos escritores, entre os que estaba Ignacio Aldecoa ou  Carmen Martínez Gaite, con quen casou en 1954. Con eles configurou a que literariamente se coñece como xeración dos 50, ou dos nenos da guerra.

O relato Industrias e andanzas de Alfanhui, en 1951, deu paso a un prolífico traballo no mundo das letras. En 1974 publicou xa como ensaísta e articulista Las semanas del jardín e retomou en 1986 o xénero da novela co Testimonio de Yarfoz, unha historia épica e intimista. En 2009 recibiu o Premio Nacional das Letras e en 2015 a medalla de ouro ao mérito nas Belas Artes. Será enterrado mañá en Madrid, onde vivía coa súa dona, Demetria Chamorro.