CRTVG

Buscar

Morre o condutor dun turismo tras chocar con outro vehículo en Pontevedra

Publicado o 13/07/2020 17:45

O condutor dun turismo faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste luns debido a unha colisión fronto-lateral no termo municipal de Pontevedra, mentres que o piloto do outro resultou ferido grave.   

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 16.30 horas deste luns no quilómetro 5 da estrada PO-531, que une Pontevedra e Vilagarcía, ao seu paso polo primeiro municipio.   

Como consecuencia do choque faleceu o condutor dun dos turismos, un home de 40 anos e veciño de Ponte Caldelas, mentres que o pasaxeiro que ía no asento dianteiro dereito resultou ferido leve.

Mentres, o condutor do segundo turismo, "posible responsable" do sinistro e que deu negativo na proba de alcoholemia, apuntan as mesmas fontes, resultou ferido grave e o pasaxeiro do asento dianteiro dereito, ferido leve.