CRTVG

Buscar

Morre Jorge Dorribo, o empresario lucense condenado pola operación Campeón

Publicado o 17/05/2019 19:29

O empresario Jorge Dorribo, condenado pola operación Campeón, morreu este xoves dun infarto aos 54 anos. Dorribo faleceu en Barcelona, onde participaba nunha feira. Actualmente, vivía en Vigo tras perder o seu imperio empresarial do grupo Nupel. Fora condenado a catro anos e medio de prisión e ao pagamento de máis de 6 millóns de euros por delitos contra a facenda pública, fraude, falsidade, insolvencia contable e branqueo.

 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019