CRTVG

Buscar

Morre en Vilanova de Arousa un home de 78 anos nun accidente cun tractor

Publicado o 09/02/2019 14:53
Morre en Vilanova de Arousa un home de 78 anos nun accidente cun tractor

Un veciño de A Pantrigueira, en Vilanova de Arousa, faleceu como consecuencia dun accidente cando estaba manipulando un tractor. Ao parecer, o home, de 78 anos de idade, foi alcanzado pola fresa situada xunto ao vehículo, e cortouse a altura do pescozo, unha ferida que resultou letal.

Un familiar da vítima alertou os servicios de urxencia, pero nin eles nin unha veciña do falecido, que o tratou de auxiliar polos seus coñecementos de enfermería, puideron facer nada por salvar a vida do home.

Os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan, arestora, de aclarar as circunstancias que provocaron o accidente. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019