CRTVG

Buscar

Morre en Tenerife ao quedar atrapado entre un camión e o muro contra o que envorcou

Publicado o 05/04/2019 21:13

En Tenerife perdeu a vida un home de 56 anos que quedou atrapado polo accidente entre un camión e o muro contra o que envorcou o vehículo, nunha vía pública na Orotava. Malia que os bombeiros conseguiron liberar o home, de nacionalidade alemá, o personal sanitario xa non lle puido salvar a vida á vítima, que entrara en parada cardiorrespiratoria. A Garda Civil abriu dilixencias do caso.

Noticias web

05/04/2019