CRTVG

Buscar

Morre dun cancro aos 61 anos Marie Frediksson, a cantante do grupo Roxette

Publicado o 10/12/2019 14:50
Morre dun cancro aos 61 anos Marie Frediksson, a cantante do grupo Roxette

A cantante do grupo sueco Roxette, Marie Fredriksson, a quen en 2002 lle foi diagnosticado un tumor cerebral, morreu aos 61 anos, segundo informan hoxe medios locais.

Na conta oficial do Goberno de Suecia en Twitter pode lerse: "Descansa en paz, Marie Fredriksson. Incrible cantante, tanto con Roxette como en solitario".

Velaquí unha pequena escolma dos éxitos que logrou en todo o mundo co seu compañeiro de Roxette, Per Gessle. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Máis sobre cultura