CRTVG

Buscar

Morre Ania Horszowski, a única supervivente do holocausto en Galicia

Publicado o 13/02/2019 21:21

Hoxe morreu en Caldas de Reis Ania Horszowski. O seu nome pode que nin nos resulte familiar, pero a súa vida describe un dos episodios máis negros da historia contemporánea. Naceu en Polonia, nunha familia xudía, e morreu en Galicia, onde vivía desde hai moitos anos co seu fillo, despois de sobrevivir á persecución nazi, ao gueto e á guerra. Ania foi unha loitadora, que sobreviviu polo seu propio esforzo. Hai apenas un ano, cando tiña 94, contou publicamente a súa experiencia, que nunca puido nin quixo esquecer.




 

Noticias web

13/02/2019