CRTVG

Buscar

Morre afogado tras pedirlle matrimonio á súa moza

Publicado o 23/09/2019 15:04

Quería ser orixinal e sorprender a súa moza cunha pedida de man fóra do normal. Para conseguilo, o mozo estadounidense Steven Weber levou a súa parella a un hotel flotante en Zanzíbar, dotado con cuartos submarinos.

Steven mergullouse nove metros ata chegar á fiestra do cuarto. No vídeo gravado pola súa moza vese a Steven cunha mensaxe en que lle declara o seu amor e pídelle matrimonio. Pero o que ía ser unha sorpresa romántica torceuse e rematou en traxedia. O home non conseguiu saír á superficie e morreu afogado sen poder escoitar unha resposta que a súa moza quixo facer pública a través das redes sociais: "Nunca emerxiches das profundidades, así que non puideches escoitar a miña resposta: Si! Si! Un millón de veces, si. Nunca puidemos abrazar e celebrar o comezo do resto das nosas vidas xuntos, xa que o mellor día das nosas vidas converteuse no peor, no xiro máis cruel do destino imaxinable".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019