CRTVG

Buscar

Morre afogado tras negarlle a axuda un facultativo do Summa 112

Publicado o 07/11/2019 14:52

A conversa telefónica que mantivo Aitor García cun médico do Summa 112 de Madrid é esclarecedora. Apenas podía respirar, pero o profesional sanitario empeñouse en que se puxera ao teléfono. Tras falar con el e con súa nai, non considerou que fose necesario enviar unha UVI.

Carmen, que viu quedar inconsciente o seu fillo minutos antes da chamada, insiste.

Tras colgarlles o teléfono, finalmente non envía a UVI, senón unha ambulancia sen médico. Oito minutos despois, a familia realiza outra chamada ao Summa e é aí cando se activan todos os protocolos. Pero xa é tarde. Aitor, de 24 anos, deixou de respirar debido a un trombo no pulmón. Tras entrar en parada cardiorrespiratoria, morría no hospital, 5 días despois, por falta de rega cerebral.

Segundo a propia Comunidade de Madrid, que asegura que todo se fixo correctamente, estivo 23 minutos sen rega. Era xaneiro de 2018. Agora a súa familia solicita 175.000 euros como indemnización, e non desbotan acudir á vía penal para depurar responsabilidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019