CRTVG

Buscar

O Goberno pide pactos en todos os niveis da administración "goberne quen goberne"

Publicado o 24/04/2020 15:49

Reunión extraordinaria do Consello de Ministros para facer efectiva a terceira prórroga do estado de alarma ata o 9 de maio, aprobada o mércores polo Congreso.

O Goberno insiste na necesidade de avanzar nos pactos de reconstrución un pactos que di o Executivo, deben estenderse ás autonomías e aos municipios. A ministra portavoz fixo un chamamento ás forzas políticas, en especial ao Partido Popular para que se sumen.

"Esperamos que o señor Casado responda a esta invitación do señor presidente do Goberno, insisto, para que goberne quen goberne poidamos aparcar as nosas diferenzas e poidamos poñer o interese xeral, o benestar colectivo no noso punto de mira. Os que pretendar manexarse nesta crise cos mesmos códigos de hai dous meses equivocaranse porque a crise do coronavirus cambiou todo", asegura María Jesús Montero, ministra portavoz do Goberno.

Montero pronunciouse sobre as palabras do vicepresidente Iglesias, que cualificaba de "inxustiza" a condena a 19 meses de prisión de Isa Serra, portavoz de Unidas Podemos na Asamblea de Madrid "por, dixo Iglesias, protestar por un desafiuzamento cando había corruptos que quedaban impunes". A ministra tamén se referiu á resposta do Consello Xeral do Poder Xudicial, que culpaba a Iglesias de lanzar a sospeita de falta de imparcialidade do xuíces, afirma María Jesús Montero, ministra portavoz do Goberno.

"O Goberno de España, como non pode ser doutro xeito, respecta absolutamente a separación de poderes e acata as sentenzas. Probablemente esas palabras do vicepresidente enmárcanse dentro da liberade de expresión, igual que tamén as do propio Consello Xeral do Poder Xudicial cando expresa opinión".

Montero evitou polemizar con Iglesias por como o informou o Goberno do permiso para que os nenos saísen a pasear. A ministra portavoz asegura que o do Partido Socialista e Unidas Podemos é un Goberno "cohesionado".